Saturday 04 de May de 2024

A calor non puido co Día do neno e da nena


As altas temperaturas rexistradas na vila de Ordes non puideron eclipsar o Día do neno e da nena en Ordes. Aínda que foi irremediable ter que pospoñer a hora de inicio prevista nun principio a partir das 19 horas o Campo da feira encheuse de rapazada que non deixou de desfrutar durante varias horas con xogos de habilidade, gardería, barredoras para brincar, pista americana de obstáculos, tobogáns, inchables, obradoiros de maxia, futbolín humano, circuítos de triquetg, animacións, xeados, flocos de millo etc. Como é costume unha gran festa da espuma puxo o punto e final a esta celebración. Tanto o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, como os concelleiros de Deportes e Cultura tamén se atreveron a probar e participar dalgunhas destas actividades e xogos.